Hostalería Compostela en contra da norva ordenanza de circulación

0

Compostela, 9 de setembro do 2021 – A Asociación de Hostalería de Compostela presentarña alegacións á nova ordenanza de circulación do concello.

Os representantes da hostalería “irreal e inviable o horario de reparto que propoñen desde o goberno municipal”. A normativa proposta suporían ter que realizar o reparto entre as 7:00 e as 9:00 horas no Casco Histórico e ata as 10:00 no resto da cidade.

Nova directiva da Asociación de Hostalería con Thor Rodriguez no centro

O presidente de Hostalería Compostela, Thor Rodríguez, explica que “Moitos locais non están abertos a esas horas. Maioritariamente pertencen a traballadores autónomos, que teñen poucos empregados ou ningún, pechan tarde e terían que recibir aos seus provedores practicamente sen descanso”.

As empresas de reparto tampouco están de acordo coa proposta municipal e así o manifestaron representantes dalgúns destes negocios. A semana que vén Hostalaría Compostelá manterá un encontro coa Federación Galega de Transporte de Mercancías para seguir avanzando en posibles solucións. Entre as alegacións que se acordaron realizar están flexibilizar o horario de carga e descarga e adaptalo á situación real dos negocios de hostalaría, permitindo realizalo ata polo menos as 10:30 horas; buscar opcións para poder abastecer aos locais de ocio nocturno, establecendo un reparto especial os xoves pola tarde de 16:00 a 18:00 horas.

Tamén se pide establecer varias localizacións no entorno do Casco Histórico nas que os vehículos de reparto poidan parar e descargar e, desde alí, levar as mercancías aos locais de hostalaría. En concreto, propóñense como puntos de saída, por exemplo, as prazas de San Clemente e Mazarelos e os espazos de aparcamento da Algalia e do Pombal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial