I Feira do Monte en Ames

0

Ames, 20 de outubro do 2021 – A parroquia de Trasmonte, en Ames, acollerá a primeira Feira do Monte este vindeiros sábado 23 de outubro.

Organizada pola concellaría de medio ambiente esta primeira Feira do Monte  ofrecerá un amplo abano dos produtos que se poden obter nas fragas de Ames.  Dsenvolverase desde as 11:30 até as 19:30 baixo o título de  “MonteTanto TantoMonte”.

Para o concelleiro Manuel Lens, a Feira nace cunha clara vocación de continuidade: “Queremos que esta sexa a primeira de moitas feiras; consideramos que poñer en valor o monte, dar a coñecer as súas posibilidades de explotación e amosar como se lle pode sacar rendemento son cuestións que probablemente contribuirán a que as nosas fragas estean mellor coidadas e, en consecuencia, teñan menos perigo, por exemplo, de ser pasto de lumes ou de abandono”.

Cogomelos, apicultura, castañas e pequenos froitos

Os cogomelos terán unha importante presenza na feira. Durante todo o día haberá unha exposición que amose unha importante variedade de especies que atopar no monte.  José Manuel Marcote e Roberto Montes, expertos micólogos, impartirán clases activas de coñecemento e identificación de especies. Tamén se poderán degustar algúns pratos elaborados con estes froitos do bosque.

Lugar importante ocupará tamén na Feira a apicultura. Coa participación da Asociación Galega de Apicultura, chegará á Feira unha exposición de colmeas antigas e modernas, panais e outros óinstrumentos de apicultura. Ademais, a asociación ofrecerá unha degustación de meles e produtos elaborados a base de mel.

Tamén colabora coa Feira o consello regulador da Indicación Xeografica Protexida “Castaña de Galicia”, a través do seu presidente, Jesús Quintá Garcia, A castaña é, sen dúbida a raiña do outono galego, a única amparada baixo unha marca de calidade recoñecida pola Unión Europea: IXP (Indicación Xerográfica Protexida) Castaña De Galicia.

A exposición de Pequenos froitos silvestres, tamén con posibilidade de degustación, conformará un cuarto stand. Nos días precedentes á feira recolleranse olivas, avelás, noces, figos, froitos do loureiro… que se acompañarán doutros froitos xa comercializados coma arandos e framboesas.

Cestería, madeira e cereais

A cestería e material cesteable serán tamén protagonistas nesta feira. Varios artesán cederán as súas creacións para conformar u nha mostra de cestos, sombreiros, e outras artesanías que poñen en valor a gran variedade de materiais do monte como por exemplo: xuncos, breixos, silvas ou palla.

Tamén a madeira terá o seu oco na Feira. “Modesta”, que sen previr de especies nobres serve para a construción dunha grande cantidade de utensilios cotiás como pratos, culleres, garfos, táboas ou zocos ou sandalias.

Os cereais que se poden cultivar no monte, coma a cebada ou o centeo, estarán tamén representados na feira. O obxectivo é o de facer fincapé no uso agro gandeiro destes produtos

No transcurso da Feira, todos os produtos cedidos por artesáns ou empresas estarán identificados, explicando a súa procedencia. Para o final do evento, aceites Abril cede un lote de produtos que se sortearán entre os asistentes.

Co obxectivo de termar do posible frío e contribuír a facer ambiente de outono ofreceranse castañas durante toda a xornada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial