Ignacio Vilar presenta en Oroso a súa película María Solinha

0

Oroso, 12 de marzo do 2021 – O Concello de Oroso acolle este domingo, 14 de marzo, na Alameda de Góis ás 19:45 horas, a estrea de ‘María Solinha’.

En Oroso estará presente o director do filme, Ignacio Vilar, quen dirixira xa no 2014 A Esmorga. O director leva á gran pantalla a lenda dunha muller icónica, condenada pola Inquisición. Un relato que se move entre o século XVII e o XXI. Grial Montes e Laura Míguez protagonizan a versión contemporánea da lenda dunha figura visionaria cuxo anhelo de liberdade a converteu en icona feminista.

 “Quería facer unha película sobre un problema que continúa na actualidade, o do machismo e a violencia contra as mulleres, e coñecín esta historia”, explica Ignacio Vilar, moi satisfeito da acollida nas sesións de autocine e ao exterior en verán, “que compensan o peche das salas de cine”.

Vilar, que presentará a película aos asistentes, estivo no Concello de Oroso, xunto o alcalde, Manuel Mirás, a concelleira de Muller, Isabel Fernández, e a de Sanidade, Beatriz Rodeiro.

O aforo é limitado. A reserva de prazas para os vehículos farase na web http://www.autocine.gal/

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial