Preguntan polo uso de instalacións deportivas por equipos de fora de Santiago

0

Compostela, 22 de marzo do 2021 – Compostela Aberta preguntará no vindeiro pleno municipal polo uso de instalación deportivas por parte de equipos de fora da cidade.

A cuestión plantexada por Compostela Aberta nace da situación xerada coa desvinculación do club de fútbol Vista Alegre da Agrupación Estudantil C.F, un club da Estrada.

Según explica o concelleiro Xan Duro desde outubro, mes no que o Vistalegre informou da desvinculación, o club leva denunciando que a entidade do municipio pontevedrés segue a utilizar as instalacións deportivas municipais de Santiago. esta situación di Duro “causa prexuízos a outros equipos composteláns, habida conta das dificultades que existen para encaixar o uso dos equipamentos públicos por parte de todas as entidades do noso municipio”.

Coa pregunta que levará a Pleno, Xan Duro quere que a concellería de Deportes aclare en base a que regulamento permite o uso das instalacións deportivas municipais por parte da entidade estradense, e se existen outros casos de equipos de fóra de Santiago que utilicen os equipamentos da cidade, en calquera modalidade deportiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial