‘Instantes’ no Colexio de Fonseca

0

Compostela, 1′ de novembro do 2021 –  O claustro alto do Colexio de Fonseca acolle até o 14 de xaneiro a exposición ‘Instantes’ da pintora viguesa, Fernanda Fernández Suárez.

‘Instantes’ é unha mostra de 41 óleos sobre diferentes materiais (liño, lenzo, madeira) que comparten a celebración do instante, da fugacidade do tempo, como fío condutor. Con esta mostra artista volve a Compostela.

A través da súa técnica figurativa, da experimentación coa luz e a cor, a pintora expón o seu universo persoal, un percorrido por escenas cotiás que aguilloan a memoria, nunha travesía na que o vivido e o imaxinado se unen para xerar unha atmosfera onde a beleza dá paso á emoción.

Froitas, retratos, escenas deportivas, paisaxes urbanas e naturais, sucédense nesta captación do efémero que procura dialogar con quen as mira para estimular o recordo das súas propias vivencias.

Organizada pola Área de Cultura da USC, a mostra pode ser visitada sen necesidade de reserva de luns a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h.

A autora

Nada en Bos Aires en 1965, Fernanda Fernández Suárez trasládase canda seus pais a Vigo á idade de tres anos e é alí onde se inicia na pintura. Aos nove, comeza a súa formación na Escola de Artes e Oficios da cidade olívica e, máis tarde, continúa os seus estudos no obradoiro pictórico de Enrique Sosbish en Madrid, alén de se formar en Ciencias Políticas na Universidade Complutense.

A través de exposicións individuais e colectivas, as súas obras amosáronse en diferentes centros,  galerías e certames da contorna galega e estatal, como a Casa de Galicia, a Galería Maes, ou Centro Cultural Puerta de Toledo, en Madrid; a sala de exposicións do Auditorio de Vilagarcía de Arousa; o Centro Social Caixanova en Vigo;  o Centro Cultural Vázquez Portoñeme, de As Neves; a Galería Esse en Ourense; ou a sede do Instituto Campus Stellae en Compostela. Recibiu, entre outros, o premio do Concurso Bello Piñeiro en 2004 e 2006;  o Carmen Holgueras, en 2004 e o primeiro premio do XX Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, en 2009.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial