Inversión de máis de 300.000 euros no CPI de Ponte Carreira en Frades

0

Frades, 12 de maio do 2021 – A Xunta de Galicia investirá 380.000 € na substitución da cuberta e das carpinterías do edificio de infantil e primaria do CPI Ponte Carreira

O Delegado da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor, visitou o lugar acompañado do alcalde, Roberto Rey. Os traballos no colexio de Frades suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético.

Unha arquitectura adaptada ao uso

O investimento no CPI de Frades permitirá adaptar o edificio ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia. Este plan propón un novo concepto de centros educativos ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.

O principal traballo a desenvolver será a substitución da cuberta existente de tella de formigón e fibrocemento por unha solución de cuberta de panel sandwich con dobre chapa lacada e illamento intermedio. Ademais, renovaranse os canlóns existentes. Tamén se substituirán as carpinterías exteriores e persianas. Colocarase unha nova carpintería de aluminio anodizado con apertura oscilobatiente e con dobre acristalamento.

O alcalde, Roberto Rey Martínez, agradeceu o compromiso da Xunta de Galicia con Frades xa que “agora mesmo estaba entrando bastante humidade nesta parte do colexio, que é un edificio antigo e con moitas fiestras que agora se van substituír por outras dobres de aluminio”. Así mesmo, celebrou a rapidez na licitación das actuacións “pois iso vai permitir facer as obras durante o verán”.

Rey aproveitou a presenza de Trenor para amosarlle as actuacións de mantemento e mellora realizadas polo Concello de Frades no centro nos últimos anos así como para entregarlles un estudo que recolle as necesidades do CPI Ponte Carreira de cara ao futuro. “Esperamos que o ano que vén haxa o orzamento suficiente para substituír a fachada do colexio e presentaremos diante da Consellería de Deportes un proxecto para solucionar os problemas de condensación e humidade existentes no polideportivo municipal, que tamén dá servizo ao alumnado co colexio”, adiantou Rey Martínez.

Finalmente, o alcalde de Frades solicitou a intercesión de Trenor para que a compañía provedora faga chegar a fibra óptica ao colexio canto antes, petición xa aprobada por unanimidade polo Pleno Municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial