Investimento para mellorar a sinalización e a seguridade do Camiño Inglés

0

Bisbarra, 13 de maio do 2021 – A Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés invisten 436.000 euros na mellora e posta en valor de esta ruta.

 O convenio de colaboración entre ambas institucións foi asinado polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e o seu homólogo na Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, no que foi o seu último acto como alcalde de Oroso.

O convenio asinado ten unha dotación económica de 435.893,78 euros. Algo máis de trescentos corenta e dous euros son aportados pola Deputación e o resto pola Asociación.

O proxecto permitirá instalar no Camiño Inglés nova sinalización, levar a cabo actuacións para mellorar a seguridade na ruta, colocar nova iluminación, mellorar firmes e pavimentos, dispoñer novo mobiliario urbano, empedrar travesías, renovar determinadas redes de saneamento e abastecemento, acondicionar diversas fontes e mellorar as instalacións de electricidade e contraincendios.

Unha serie de medidas que permitirán ofrecer aos peregrinos un Camiño Inglés seguro e coas condicións necesarias para poder ser percorrido contando con todos os recursos.

As actuacións levaranse a cabo ao longo dos municipios de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Mesía, Ordes, Oroso, Santiago, A Coruña e Carral.

O convenio de colaboración entre ambas institucións foi asinado polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o seu homólogo na Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás. Asistiu tamén o vicepresidente e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, e o deputado provincial Antonio Leira.

“Este acordo é de enorme interese para potenciar a cultura, a gastronomía e a paisaxe da provincia”, sinalou González Formoso. “Desde a Deputación colaboramos coa Asociación de Concellos do Camiño Inglés desde xa fai tempo para potenciar esta ruta, que ofrece un modelo de turismo sostible e que ademais axuda a dinamizar as economías locais”, destacou.

A sinatura do convenio, celebrada onte foi ademais o último acto de Manuel Mirás como alcalde de Oroso, feito que González Formoso non pasou por alto, despedíndose e gabando a súa longa traxectoria “sempre ao servizo dos veciños e veciñas de Oroso”.

Valentín González Formoso destacou tamén que este último convenio como alcalde de Mirás supoña importantes melloras no Camiño Inglés, “un tema no que Manuel Mirás estivo sempre moi comprometido e  no que desenvolveu un importante traballo nos últimos anos, que entre outras cousas permitiu promocionar o Camiño Inglés en territorio británico”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial