Irene Grau gaña o Premio Díaz Pardo da Deputación da Coruña

0

Bisbarra, 14 de setembro do 2021 –   A artista Irene Grau (Valencia, 1986) coa súa obra titulada “Sobre lo que resta / 162114-W-2” é a gañadora do XVII certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas da Deputación da Coruña.

A obra de Irene Grau está realizada con cinzas recollidas dos incendios en Galiza en 2017 sobre lenzo. Un xurado composto por Elena Bangueses, David Barro, Xosé Manuel Buxán, Ánxela Caramés e Mauro Trastoy, gañador da edición anterior, escolleu por unanimidade a obra da artista Irene Grau de entre as corenta finalistas que foran seleccionadas do total das presentadas a esta nova convocatoria do Díaz Pardo de Artes Plásticas.

O xurado valorou a calidade da obra presentada e titulada “Sobre lo que resta / 162114-W-2” e de xeito especial “a súa orixinalidade e capacidade conceptual e crítica para tansferir a paisaxe e o contexto galego á pintura”. Tamén salientou “a coherencia á hora de traballar o pictórico a partir da acción de camiñar e de observar a realidade”, así como “a sustentabilidade dos usos dos materiais empregados” en referencia á cinza procedente dos incendios do ano 2017.

A artista Irene Grau (Valencia, 1986), vive e traballa en Santiago de Compostela e é doutora en Belas Artes pola Universidad Politécnica de Valencia. En 2010 recibiu unha bolsa de Excelencia Académica e de 2011 a 2015 a bolsa FPU concedida polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para desenvolver os seus estudos de doutoramento.

Foi recoñecida a nivel estatal e internacional con premios como Generaciones 2018, as Becas de Creación Artística en el Extranjero Gas Natural Fenosa 2017 MAC, A Coruña, o Premio Mardel Artes Visuales 2017, ou o premio PhotoEspaña Of Festival en 2015. En 2016 foi incluída na lista Forbes “30 Artists under 30 – Europe”.

Ten amosado o seu traballo en exposicións individuais en institucións e galerías europeas e americanas como o Abroms-Engel Institute for the Visual Arts (AEIVA) en Birmingham,US; Madison Museum of Contemporary Art (MMoCA) en Madison, US; Projeto Fidalga en São Paulo, Brasil; a galería Heike Strelow en Frankfurt, Alemania, e no Centro de Arte Alcobendas, Madrid; así como en exposicións colectivas en La Casa Encendida en Madrid; o CaixaForum de Barcelona; o CA2M Centro de Arte Dos de Mayo, Madrid; ou no CDAN Centro de Arte y Naturaleza, Huesca. Recentemente amosou proxectos específicos en Bombón Projects en Barcelona; na Fundación Cerezales Antonino y Cinia – FCAYC; IVAM en Alcoi, Valencia, e na Fundación DIDAC en Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial