Jamas, un pirata confinado

0

Non podes encerrar a un pirata. Pode que teñas o corpo físico pero a imaxinación segue navegando polos océanos. “Diario dun pirata confinado” é o resultado de pechar na casa durante meses a alguén como Jamas.

Jamas é membro de Dios Ke Te Crew e un ávido lector.  O confinamento colocouno nunha nova situación nunca imaxinada. De esa estraña situación nace dun xeito espontáneo as primeiras frases do libro que soan así

A partir delas Jamas decide continuar a razón dunha páxina por día ata o fin do confinamento

Como dicíamos ao comezo un pirata sempre está navegando. En este particular diario a ficción mesturase coa realidade pero a forma de ser dos galegos fai que un nunca teña claro cal é cal

Conversamos con Jamas sobre o inmenso océano de historias que un pode atopar en Galicia e que sen embargo quedan agochadas tras tópicos como o do narcotráfico

Tes esta e outras conversas completas no noso podcast. Faite mecenas e apoianos para publicar máis contidos como este. Descarga a app de Patreón  en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web https://www.patreon.com/lindeiros

Unha vez probado este novo xeito de surfear a realidade é difícil non repetir. Jamas segue escribindo aínda que o día a día non o poña doado

Rematamos pedíndolle recomendacións, mares do enorme mundo literario nos que perderse, porque das súas travesías nace en parte este “Diario dun pirata confinado”

Agora que o confinamento queda cada vez máis lonxe, e aínda coa sensación de que pode volver, o libro de Jamas é imprescindible. “Diario dun pirata confinado” mostra esa especie de néboa na que estivemos durante meses. Un tempo que  aquí en Galicia produciu un feixe de situacións únicas, consecuencia da nosa forma de ser, que Jamas foi capaz de capturar

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial