Negreira, 17 de novembro do 2017 – No serán de onte xoves remataba o pesadelo de Jorge Tuñas que retornaba a alcaldía de Negreira despois de 7 meses.
Tuñas dimitira do cargo ao abrirse xuízo por unha denuncia do Partido Popular. O PP presentara esa denuncia hai anos nos xulgados de Negreira pero non fora admitida a trámite. Anos despois volveu a presentar a denuncia e en esta ocasión si se admitiu abríndose finalmente un xuízo hai 7 meses.
Cando no 2015 o Psoe gañou as eleccións Jorge Tuñas comprometeuse con Ciudadanos a dimitir do cargo si se abría xuízo e así o fixo. Quedou no seu posto Manuel Ángel Leís que o mércores dimitía para permitir a volta de Tuñas.
Este verán quedaba listo para sentencia o proceso quedando Jorge Tuñas absolto das acusacións.
José Manuel López de Ciudadanos explicou que a actitude do seu partido permitiu reparar o honor de Jorge Tuñas e pediu a medios de comunicación e políticos que tomaran nota do sucedido
O pleno o pechou o xa alcalde Jorge Tuñas. Na súa intervención dixo que levaba seis anos esperando este momento
No capitulo de agradecementos quixo lembrar ao seu partido, o Psoe, e ao novo Secretario Xeral, Gonzalo Caballero, presente no pleno
Pero un dos momentos máis emotivos foi cando lle dou as gracias a Manuel Ángel Leis, o alcalde durante os últimos sete meses, e a Ciudadanos polo comportamento exemplar. Jorge Tuñas quixo tamén advertir que non se pode caer na estratexia do Partido Popular de embarrar a política
O salón de plenos estivo cheo e ademais do mencionado Secretario Xeral, Gonzalo Caballero, puidose ver ao ex alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha, ou ao antigo Secretario Xeral da Baña, Enrique Vázquez.