José Miñones volveu a Ames como Delegado do Goberno

0

Ames, 28 de xuño do 2021 – O ex alcalde de Ames, José Miñones, volveu ao concello nunha visita institucional como Delegado do Goberno en Galicia.

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado de todo equipo de goberno municipal e dos voceiros dos grupos políticos recibiron ao Delegado. Ámbolos dous mandatarios trataron temas como a humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro ou a ampliación horaria da oficina de Correos do Milladoiro. O Delegado do Goberno, José Miñones, aproveitou a ocasión para anunciar a incorporación de catro efectivos ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro.

O encontro comezou no Salón de Plenos do concello onde Blas García, alcalde de Ames, quixo trasladarlle os puntos máis importantes en que está a traballar o concello e pediulle a colaboración en asuntos de gran calado para o concello e para toda a veciñanza de Ames.

Blas García pediulle que interferira para acadar a apertura da oficina de Correos do Milladoiro polas tardes, pois segundo o alcalde de Ames esta é unha reclamación histórica dos veciños e veciñas do Milladoiro.

Outro dos asuntos sobre os que o alcalde de Ames solicitou a colaboración do delegado do Goberno foron os traballos de humanización da N-550, a elaboración da axenda urbana do concello para a próxima década e o seguimento dos traballos de ampliación da depuradora da Silvouta.

Miñones argumentou que esta visita forma parte do compromiso adquirido de visitar todos os concellos para atender as súas demandas e trasladarllas ao Goberno de España. José Miñones aproveitou a ocasión para dar a coñecer os eixes de traballo do goberno español ás que se pode sumar o Concello de Ames coma o plan de carteiros do rural e as subvencións e liñas de axuda á dixitalización, ao plan de mobilidade ou de eficiencia enerxética.

O delegado do Goberno anunciou a ampliación en catro efectivos o cuartel da Garda Civil do Milladoiro, o que José Miñones valorou como unha moi boa nova pois este incremento vai redundar nun mellor servizo, vai permitir mellorar as quendas e unha mellor colaboración coa policía local.

Tras a intervención do alcalde e do delegado do Goberno os voceiros do grupos municipais quixeron felicitar a José Miñones polo seu nomeamento como delegado do Goberno e ao mesmo tempo amosar o seu orgullo por que un amiense nos represente en Galicia e en España.

Nesta primeira visita institucional ao concello, José Miñones, asinou no libro de honra e recibiu un obsequio de todo o equipo de goberno.

Tras esta xuntanza previa Blas García e José Miñones tiveron unha reunión de traballo para coñecer como se encontra o proxecto de humanización da N-550. A esta reunión asistiron, tamén,os membros da empresa de enxeñería que están elaborando o anteproxecto e técnicos do MITMA.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial