Juan Casares fala nos Luns do Ateneo do CESGA

1

Compostela, 30 de novembro do 2020 – Hoxe ás 20.00h terá lugar unha nova conferencia de Os Luns do Ateneo titulada ‘O Centro de Supercomputación de Galicia: unha revolución discreta’, que estará impartida por Juan Casares, primeiro Director desta institución.

O Centro de Supercomputación de Galicia é unha estrutura tecnolóxica para a mellora das capacidades científicas e técnicas da nosa Comunidade. O CESGA, que xurdiu pola necesidade de dotacións ás Universidades da Coruña e Vigo e para cubrir outras necesidades da Universidade de Santiago, ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións para o beneficio da sociedade.

Juan Casares

Juan Casares é licenciado e doutor en Química e foi profesor adxunto nas Universidades de Vigo e Compostela, ademais de catedrático en Sevilla, Cantabria e Santiago. Foi tamén director do Departamento de Enxeñería Química da USC así como Reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 2010 e 2014.

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da páxina web www.ateneodesantiago.com, así como das redes sociais do Ateneo, Youtube (Ateneo de Santiago), Facebook (Ateneo Santiago) e Twitter (@AteneoSantiago).

As preguntas para o coloquio posterior poderán enviarse cunha mensaxe de voz ao whatsapp do Ateneo 622 274 110 co fin de seren reproducidas en directo.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies