18 meses para o novo centro de saúde de Lalín

0

Lalín, 20 de abril do 2021 – A Xunta de Galicia asinou o contrato para a construción do novo centro de saúde de Lalín que ten un prazo de execución de 18 meses.

O investimento na nova infraestrutura sanitaria para Lalín e os concellos limítrofes conta cun investimento de máis de 8,7 millóns de euros. Comezará a construírse na segunda quincena de maio e a previsión é que estea rematado antes do fin do 22022.

5.000 metros cadrados

O novo edificio de Lalín terá cinco mil metros cadrados de superficie útil. Serán tres andares dos que un estará destinado ao Punto de Atención Continuada, PAC.

As instalacións reforzarán a atención sanitaria dos veciños de Lalín, Rodeiro, Dozón e Agolada e prestarán determinadas asistencias aos de Silleda e Vila de Cruces, servindo a unha poboación de 35.000 persoas.

Equipamento

O novo equipamento sanitario disporá de área asistencial, con 11 consultas de medicina, 11 de enfermería, 1 consulta de farmacia, 2 consultas de odontoloxía, sala de técnicas, mostras e varias polivalentes; tamén área de especialidades, con 4 consultas, 2 de enfermería e 3 gabinetes de exploración; área pediátrica, con 3 consultas, 2 de enfermería e 1 sala de atención integral; ademais de área de hospitalización a domicilio, atención á muller, rehabilitación, telemedicina, diagnóstico por imaxe ou hemodiálise; e o punto de atención continuada (PAC), que disporá de 3 consultas, sala de críticos, sala de observación e 5 dormitorios.

A posta en marcha do Centro Integral de Saúde de Lalín permitirá ampliar o programa de cirurxía menor ambulatoria, activar o servizo de rehabilitación cardíaca, de solo pélvico e de enfermidades músculo-esqueléticas.

As instalacións disporán dunha área de servizo de transporte sanitario con soporte vital básico, espazos comúns, de persoal, administración e arquivo.

O edificio contará cun deseño funcional pero tamén esteticamente coidado e integrado na contorna, que segue un esquema sinxelo, con dous patios interiores a modo de claustro nos que se envorcan as zonas de espera e de circulación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial