Lalín impula a brigada de obras pensando no rural

0

Lalín, 9 de abril do 2021 – O concello de Lalín impulsa a brigada de obras, na que se incorporarán cinco traballadores máis, pensando nas melloras no rural do concello.

Desde o pasado luns está operativa a brigada municipal de Obras conformada nestes momentos por 13 operarios.O equipo conta con 4 peóns forestais, 4 albaneis, 2 operarios de tractor-desbrozadora, 1 tractor camión, 1 operario para pala e 1 peón de obras públicas.

O alcalde, José Crespo, e o concelleiro delegado de Obras e Servizo, José Cuñarro, mantiveron un encontro cos traballadores coa que queren dar un importante impulso ao rural.

O concelleiro delegado explica que 2 dos albaneis se destinarán a labores do casco (mantemento de beiravías, limpeza de fontes, etc.) e 2 para o rural (arranxo de locais sociais, fontes, lavadoiros…), tratando de dar resposta ás peticións veciñais.

Os peóns forestais ocuparanse da realización de desbroces no Paseo do Pontiñas, Pazo de Liñares, Carballeira do Rodo, Carballeira do Polígono, Polígono Lalín 2000, así como nos solares municipais do casco, mentres que os operarios de tractor-camión terán como cometidos realizar desbroces das pistas do rural, o operario de motoniveladora ocuparase de acondicionar os camiños de acceso a fincas no rural e o operario de pala vaise reforzar o mantemento de pala e motoniveladora nos camiños rurais.

Cuñarro avanza que os 5 operarios que faltan por incorporar son peóns de obras públicas que se encargarán do bacheo da rede viaria municipal que supera os 1.100 quilómetros en pistas. A duración dos contratos destas 18 persoas, realizados ao abeiro do Plan Concellos 2021 da Deputación, terá unha duración establecida entre os 6 e os 8 meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial