Levan ao Parlamento as axudas recibidas do GDR pola ex alcaldesa de Melide

0

Bisbarra, 7 de outubro do 2021 – A parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo levou ao Parlamento a “auto concesión”, por parte da ex alcaldesa de Melide, dunha axuda pública de 177.643 euros.

A subvención foi outorgada no seu día polo GDR Ulla Tambre Mandeo para a rehabilitación da antiga casa reitoral de Santo Estevo de Vilamor, en Toques. Rodríguez Rumbro presentou unha pregunta oral para denunciar a falla de control da Xunta na xestión desta axuda, aínda en trámite, a través do GDR do que a propia García Couso é secretaria.

Xunta directiva do GDR, imaxe de arquivo

A parlamentaria socialista denunciou a “absoluta falla de ética” na xestión do Grupo de Desenvolvemento Rural. O GDR  aprobou no seu día a  axuda para a posta en marcha dunha pensión de 3 habitacións no camiño primitivo, que conta cun orzamento total de 381.000 euros, posto en marcha pola ex alcaldesa Dalia García, actualmente concelleira do PP en Melide.

Rodríguez Rumbo lembra que a ex alcaldesa foi integrada no dito GDR como representante dunha asociación veciñal sen actividade coñecida, que foi designada sendo alcaldesa de Melide, nun proceso que rematou coa concesión desta lucrativa axuda, concedida ao proxecto de Toques “deixando fora outros proxectos”.

Advertiu que “non parece que o GDR estea a cumprir na realidade” cos requisitos para os que foi concibido, como é contar cun conxunto de interlocutores públicos e privados con arraigo no territorio dende o punto de vista sectorial e territorial. Puntualizou que a directiva está integrada na súa inmensa maioría por concelleiros ou persoas vencelladas ao PP.

Lembrou que o presidente é o alcalde de O Pino, e os vicepresidentes son os rexedores de Touro e de Boimorto, apartada da primeira liña do PP logo da súa implicación no affaire da vacina da covid – 19, mentres o tesoureiro é o alcalde de Vilasantar e a secretaria é a propia portavoz do PP en Melide e ex alcaldesa.

Rumbo preguntaba na Comisión parlamentaria polos criterios de adxudicación e pola valoración que fai a Xunta de esta concesión

Na comisión respondeu Inés Santé Riveira, Directora da Axencia Galega de Desarrollo Rural, que comezaba explicando que a Xunta de Galicia non controla aos integrantes das directivas dos GDR e non fai valoración sobre a súa composición. Riveira lembrou que a axuda está en fase de tramitación pero que en todo caso o que propón a subvención é o GDR e non a Xunta

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial