Licítanse as beirarrúas da Travesía Abeleira en Cerceda

0

Cerceda, 27 de novembro do 2020 – A Deputación da Coruña financia, a través do Plan Único, un proxecto para construír beirarrúas na Travesía Abeleira, en Cerceda.

A actuación en Cerceda sae a licitación cun orzamento de 47.360 euros. O proxecto inclúe a instalación dunha tubaxe para a recollida de pluviais e da canalización para a iluminación pública

Construiranse 260 metros lineais de beirarrúa de 1,80 metros de ancho, con bordo de formigón prefabricado. Previamente instalarase unha tubaxe de PVC xunto con 7 arquetas con sumidoiro e outros 7 pozos para a recollida de augas pluviais e tamén a canalización para a iluminación pública. Ao remate da obra, está prevista a reposición de todo o pavimento afectado.

O prazo para a execución dos traballos é de 6 meses e o último día para que as empresas presenten as súas ofertas ao proceso de licitación é o 3 de decembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial