Ames, 21 de xaneiro do 2021 – A desaparición da liña de bus que daba servizo as parroquias de Bugallido, Biduido e Ortoño en Ames segue sen ter solución mentres os políticos se pasan a pelota uns aos outros.
A Xunta emprazou a Ames a buscar acordos con Santiago. Santiago está disposto a repoñer a liña se non a ten que pagar. Agora o concello de Ames solicitará a Xunta que estableza unha liña directa con Santiago co que o debate volve ao punto inicial sin que se vexa unha solución a curto ou medio prazo.
Antecedentes
Desde o Concello de Ames infórmase que a liña, no ano 2017, tivo un anteproxecto para ser licitada por parte da Xunta de Galicia. Tras as alegacións presentadas polo Concello de Santiago, opoñéndose a dita licitación, a Xunta decidiu non proceder a súa aprobación aínda que no texto da resolución tampouco considerou procedentes as alegacións de Compostela.
As alegacións realizadas polo Concello de Ames para a mellora do traxecto nunca foron contestadas e o servizo seguiuse prestando coa liña P2 de transporte urbano de Santiago de Compostela ata o pasado mes de decembro.
Reunión cos veciños
O goberno municipal de Ames mantivo reunións coa Dirección Xeral de Mobilidade e co concello de Santiago. Tras eses encontros reuniuse este mércores cos veciños de Bugallido, Biduido e Ortoño para explicar a situación. De esta xuntanza saíu o acordo de presentar unha moción para a reactivación da liña de transporte e que buscará o consenso de toda a Corporación municipal e solicitarlle á Xunta de Galicia, como Administración competente do transporte público, a instauración dunha liña directa con Santiago.
O rexedor municipal explica que “non ten sentido que se nos obrigue a asumir o transporte de Ortoño, Bugallido e Biduído porque a Xunta non tivese contemplado dito contrato na nova licitación que acaba de aprobar e poñer en marcha. O Concello non vai a asumir máis competencias impropias e que supoñan preto de 80.000 euros ao ano”.
“Censura” ao PP
Por outra banda o pasado sábado o Partido Popular anunciaba en nota de prensa que levaría ao seguinte pleno unha moción para debater este problema. Os populares propoñían a firma dun convenio entre Santiago e Ames coa participación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Eles consideran que o concello podería costear a liña, eses 80.000 euros, por ter un Remanente de Tesouraría de 8.313.233,75 €, según o informe de Intervención e Secretaría de 5 de outubro pasado e no que consta tamén un superavit de 1.274.543,70€.
Despois da decisión do goberno municipal de levar a súa propia moción ao pleno o PP denuncia que a súa foi “censurada”. A proposta, din, foi “presentada en tempo e forma, pasou pola Xunta de Voceiros e de ser aprobada na sesión plenaria do vindeiro xoves 28 daría luz verde á restitución da liña P2 entre Santiago e Ortoño e vía libre para buscar melloras tanto no trazado como nas paradas”.