O máis lido da semana (20-27 novembro 2020)

0

Esta semana unha das novas máis lidas tivo que ver co concello de Santiago. Á redacción de Lindeiros chegaba a queixa dunha nai sobre un correo recibido desde a organización do Colecamiños.

Na comunicación dicíase que os que foran 20 días camiñando ao cole recibirían de xeito gratuíto un menú do Mac Auto. A nai expresaba o seu enfado pola promoción da comida lixo cando se supón que o Colecamiños ten que promover os hábitos saudables. O podedes ler aquí

https://lindeiros.gal/o-colecaminos-de-santiago-promove-a-comida-lixo/

Era un cese moi esperado por ecoloxistas e asociacións veciñais da bisbarra. O Director Xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, era cesado no seu cargo e colectivos como ContraMINAcción, Plataforma Casalonga ou Mina Touro O Pino NON consideraban que era unha boa nova. Tedes a nova no seguinte enlace.

https://lindeiros.gal/o-cese-de-do-director-xeral-de-minas-bernardo-tahoces-e-ben-recibido-polos-colectivos-ecoloxistas-e-vecinais/

Outra das novas máis lidas tiña que ver cun proxecto que ven das eleccións municipais do 2019. En maio de aquel ano tanto Psoe como PP presentaban propostas para un centro deportivo na zona de Santa Marta, en Santiago, que incluiría unha piscina cuberta. Compostela Aberta lembraba que en xaneiro aprobouse en pleno a creación dunha comisión que retomara o asunto e aínda non se fixera.

https://lindeiros.gal/volve-ao-debate-a-piscina-cuberta-de-santa-marta-en-santiago/

Esta semana celebrouse o 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. En Lindeiros quixemos saber que pensan as mulleres cando se fala de violencia machista, que lles pasa pola cabeza. Falamos con mestras, cociñeiras, coidadoras do fogar, actrices e directoras de cine e elas responderon de xeito espontáneo

https://lindeiros.gal/25n-a-violencia-interiorizada/

Viaxar pola bisbarra non é doado en transporte público e moito menos a Val do Dubra. Non hai moita información sobre os horarios dos autobuses que pasan polos concellos máis pequenos pero no caso de Val do Dubra, como denunciaban os socialistas, non hai ningunha, nin na web de transporte metropolitano, ni no concello, ni na páxina da empresa… nada

https://lindeiros.gal/val-do-dubra-transporte-metropolitano-horarios/

Estas foron as novas máis lidas da semana. Lembra que podes recibir cada día novas como estas no teu correo electrónico, suscríbete!

https://lindeiros.gal/suscribete/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial