Lousame acolle o espectáculo Ópera Break´s

0

Lousame, 3 de novembro do 2020 – O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo io espectáculo Ópera Break´s, unha mestura de ópera, breakdance e DJ.

Ópera Break´s nace da colaboración da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e de tres artistas urbanos do colectivo Vella Escola: DJ Mil e dos bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock, coa colaboración especial doutros profesionais do mundo do Beatbox e do Graffiti.

A cita do domingo comeza as cinco e media da tarde e terá unha segunda sesión as sete. A asistencia é totalmente de balde, se ben o aforo é limitado debido á aplicación dos protocolos preventivos fronte á Covid-19.  Os veciños e veciñas que desexen asistir poden reservar a súa entrada chamando á Casa da Cultura (981 825 780).

Ópera Break´s ten unha duración aproximada de unha hora nas que, a través da expresión musical e corporal, contan unha historia que rompe as barreiras do clásico e do urbano, fusionando ambos conceptos nun espectáculo multidisciplinar e sorprendente. Unha mestura dun xénero como a ópera, ligada a un estereotipo elitista e ligado aos espazos pechados dos teatros, coa cultura urbana, dirixida á mocidade, transgresora e libre de normas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial