Lousame aproba a mellora da Escabia cun orzamento de 154.000 euros

0

Lousame, 31 de maio do 2021 – O Concello de Lousame aprobou por unanimidade, en sesión plenaria, o proxecto técnico de mellora do viario á Escabia, así como da relación de titulares de bens e dereitos afectados, aos efectos da súa expropiación.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que o proxecto da escabia  “Trátase dunha actuación que responde a unha demanda da veciñanza desta área e hoxe damos luz verde ao proxecto técnico de mellora, que xa ten o visto bo das diferentes administracións”.

Os traballos contemplan a mellora do viario e o traslado do eixo da vía nunha área que se derrubou previamente. A actuación conta cunha superficie de 2.350 m2 con vinte centímetros de zahorra artificial procedente de canteira, quince de grava, rego de penetración e cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa execución de movemento de terras necesario.

A Escabia contará tamén con 260 metros de cuneta de seguridade, revestida de formigón e dun muro de 100 metros. Asemade, contemplase a canalización de 170 m de tubo de polipropileno. Completan a obra a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e eixo e instalación dunha barreira de seguridade.

En función das características descritas no proxecto establecese un prazo de seis meses para a execución completa das obras dende a súa contratación. O presuposto para a licitación do proxecto ascende a preto de 154.000 euros.

Neste pleno ordinario tamén se aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Lousame para o período de 2021 a 2023. Este documento é imprescindible para sentar as bases deste procedemento co que se da resposta, con medidas de apoio financeiro, ás demandas sociais e económicas de entidades públicas ou privadas do municipio. Nesta sesión, a corporación local tamén votou a favor da nova Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Lousame, que actualiza o documento aprobado hai 16 anos e adáptao á lexislación vixente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial