Cancelada Fervenza Sonora que suspende o concerto de Los Secretos

0

Actualización 25/09/2020 – O concerto de Los secretos ven de ser cancelado pola mala previsión metereolóxica e terá que agardar ao ano que ven.

O Mosteiro da Fervenza quere agradecer ao público a confianza nesta nova aposta pola cultura ao vivo e sinala que as entradas se devolverán integramente a través da mesma plataforma na que foron adquiridas. Esta mesma mañá Ataquilla porase en contacto cos compradores para proceder á devolución no prazo de tempo máis reducido posible.

 

Lousame, 18 de setembro do 2020 – Música, natureza e vida é a idea que impulsa o ciclo Fervenza Sonora en San Xusto de Toxosoutos, Lousame.

Fervenza Sonora nace no enclave de turismo rural vinculado a antigua casa reitoral do mosteiro beneditino de  Toxosoutos. O día 26 comeza cunha actuación de primeiro nivel, Los Secretos. Un grupo nado nos primeiros 80′ e que deixou pegada na memoria de varias xeracións.

Los Secretos actuarán nun formato de trío acústico para presentar o novo disco Mi Paraiso, nove ideal para un lugar como este.

Nace Fervenza Sonora, un novo ciclo que se inicia con Los SecretosÁlvaro Urquijo, Ramón Arroyo e Jesús Redondo percorrerá as raíces e éxitos da súa traxectoria a partir das 19.00 horas. As entradas para esta sesión xa están á venda na plataforma web Ataquillla a partir

de 30 euros (gastos incluídos) e estableceranse diferentes opcións en función tanto do número de entradas como da localización. Así, o público que desexe gozar do concerto a pé do escenario terá opción de adquirir os seus billetes Platea de xeito individual (30 euros) ou

dobre (60 euros). Ademais, o Mosteiro da Fervenza ofrecerá a posibilidade de gozar das Terrazas, espazos do recinto nos que se poderán situar grupos de ata catro persoas convivintes.

Estes puntos contarán con mobiliario específico para facilitar a comodidade do público durante a actuación e o prezo da entrada conxunta variará en función da súa situación: 160 euros nas terrazas inferiores e 140 nas superiores.

A actuación de Los Secretos suporá un adianto do que será Fervenza Sonora, un festival que se desenvolverá no 2021 para achegar ao público propostas culturais que entran en relación directa co propio territorio no que se sitúa. O Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, un

espazo emblemático declarado Ben de Interese Cultural no que se atopa o Mosteiro da Fervenza, sitúase xunto á beira dos ríos San Xusto e Vilacova, que agochan toda unha serie de fervenzas e saltos de auga que sorprenden aos camiñantes o seu paso. Así, a posibilidade de

gozar de sendeirismo e cultura será o eixe principal que sustentará Fervenza Sonora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial