Lousame financiará a mellora do viario das Bouciñas a Cruido

0

Lousame, 29 de marzo do 2021 – O Concello de Lousame aprobou en sesión plenaria a dotación económica municipal para a mellora do viario das Bouciñas a Cruido.

A aportación económica que aporta Lousame  chega aos 40.000 euros.  En total a obra ten un custo de 136.391,66 euros, que se asumirán co financiamento da Xunta de Galicia e coa aportación local aprobada en pleno. A execución da obra está desenvolvéndose estes días e prevese que rematará nas vindeiras semanas. 

Imaxe de arquivo dun pleno anterior

Outros temas

O pleno de Lousame aprobou tamén solicitar formalmente á Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza que inicie os expedientes necesarios para elaborar un plan de Viabilidade para o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza. O obxectivo é analizar a problemática actual e propoñer diferentes alternativas para o exercicio da competencia delegada por todos os Concellos da Mancomunidade  na recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos.

O Concello de Lousame aprobou así mesmo a taxa da piscina municipal. A instalación tras un proceso de reforma volverá abrir as súas portas de cara a tempada de verán. Contará cun novo servizo de pago dixitalizado para facilitar as xestións aos usuarios do servizo. Así, os prezos actualizados son:

Nenos e nenas de 0 a 6 anos: gratis

Nenos e nenas de 7 a 15: 15 euros

Persoas de 16 a 64 anos: 30 euros

Maiores de 65 anos: 15 euros As entradas por xornada son:

Nenos e nenas de 0 a 6 anos: gratis

Nenos e nenas de 7 a 15 anos: 1 euro

Persoas de entre 16 e 64 anos: 2 euros

Maiores de 65 anos: 1 euro

Pola súa banda, os cursos de natación terán un custe de 10 euros ao mes. As tarifas reducidas para persoas en risco de exclusión contemplan o abono da tempada en 2 euros para os nenos e nenas de 7 a 15 anos e para os maiores de 65 anos e de 4 euros para as persoas de 16 a 64 anos. Asemade, os membros de familia numerosa terán unha bonificación do 50% sobre os prezos establecidos.

IBI

Na mesma sesión plenaria tamén se deu luz verde á actualización da taxa do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), despois de catro anos nos que este tipo impositivo se mantivo por debaixo da media establecida pola Dirección Xeral do Catastro como medida de axuda para a veciñanza. No ano 2017, o equipo de goberno de Lousame acordou unha baixada destes gravames co obxecto de paliar os efectos económicos que padecería a cidadanía pola regularización desta taxa por parte do organismo estatal responsable. Tras catro anos, actualizase este imposto que será do 0,55% para os bens de natureza urbana, de 0,65% para os bens de natureza rústica e de 1,3% para os bens inmobles de características especiais. Mantéñense as bonificacións para as titulares de familias numerosas e para aqueles inmobles nos que se desenvolvan, total e exclusivamente, actividades agrarias ou gandeiras do sector primario e que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal, tal como se indica na ordenanza fiscal reguladora deste imposto. 

Por outra banda, a corporación do Concello de Lousame deu un paso máis para a execución do proxecto técnico de mellora do trazado de viario á Escabia, tras ser aprobado no pleno xunto ao anexo de expropiacións. Dende este momento ábrese un prazo de información pública de 15 días hábiles para consultar o expediente. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, avanzou que o seu equipo manterá proximamente reunións con toda a veciñanza afectada por este proceso para coñecer de primeira man todos os casos.

Finalmente, a corporación local debateu a aprobación provisional da modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lousame (PXOM). En base aos informes da Xunta de Galicia procedese a desestimar unha das alegacións e acéptanse todas as demais. Así, a corporación aprobou provisionalmente o PXOM con estas modificacións, agora a Consellería competente en materia de Urbanismo debe resolver a aprobación definitiva.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial