Lousame, 25 de setembro do 2019 – Galicia Senderismo en colaboración co Concello de Lousame organiza, este sábado 28, unha ruta de sendeirismo polo Río Vilacoba que inclúe unha posterior visita ás minas de San Finx.
A ruta polo Vilacoba repite o trazado visitado no mes de xullo e que contou con gran participación. A intención e disfrutar das diferenzas entre estacións e de aí o nome de Cores de outono.
A ruta ten unha extensión de 15 quilómetros, polo que a iniciativa desenvolverase entre as 9:30 e as 17:30 horas do sábado 28 de setembro. O prezo da ruta é de 12 euros e inclúe o bus de traslado a Toxosoutos e seguros. As inscricións poden facerse a través de www.galiciasenderismo.com. O número de prazas é limitado.
Percorrido
A expedición sairá ás 9:30 horas da praza do Concello de Lousame, a onde está prevista a volta ás 17:30 horas. Iso si, partirán en autobús ata o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, de onde sairá a ruta cunha pequena ascensión de 2 km ata o Monte Culou, onde poderán disfrutar dunha vista da ría de Muros Noia, para baixar outros 4 km ata a Ponte Vella do río Vilacoba.
“Esta ruta é sombría e fresca porque seguiremos o sendeiro do río disfrutando da espectacular contorna fluvial, salpicada de fervenzas, ata chegar á Ponte Gaiteira. Descubriremos os enxeños hidráulicos que forman parte da cultura popular do pasado: papeleiras, canles, muíños… conforman unha paisaxe fluvial cun sistema de aproveitamento ecolóxico da agua”, apunta Sindo Gandarela, presidente de Galicia Senderismo.
A ruta rematará na praza do Concello, dende onde os sendeiristas collerán os seus vehículos para desprazárense ata as Minas de San Finx, onde farán unha visita guiada polo seu museo. O xantar pode ter lugar no merendeiro das minas ou no propio restaurante de San Finx.