Lousame loita contra a violencia de xénero desde os tres anos

0

Lousame, 25 de maio do 2021 – O concello de Lousame prepara a segunda edición de “Lousame Coeduca” un programa de sensibilización contra a violencia de xénero para nenos de 3 a 16 anos.

Lousame celebrou a oitava mesa de Coordinación Interinstitucional fronte a violencia de xénero. O organismo foi presidido pola concelleira de, Silvia Agrafojo Filgueira, que deu conta das actuacións previstas polo Concello dirixidas á sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres.

Na sesión participaron, ademais da propia concelleira, María Isabel Álvarez García, xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller en A Coruña; Pilar Cobas Cajuso, directora do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Avelino Rivadulla Iglesias, garda civil encargado das vítimas de VIOGEN;  Natividad Hermo Santos, traballadora social de Lousame; e Mónica Castaño Ourille, técnica da Concellería de Igualdade.

Lousame Coeduca

No encontro, todas as persoas integrantes da Mesa informaron e compartiron experiencias sobre as distintas actuacións levadas a cabo pola súa entidade en Lousame. Silvia Agrafojo aproveitou para anunciar que o Concello vai levar a cabo, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, a segunda edición do programa “Lousame Coeduca”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Este programa de actividades de sensibilización está dirixido a poboación infantil e xuvenil, dende 3 ata 16 anos. Ten como obxectivo  a desaparición dos roles e estereotipos de xénero, o bo trato, e a mellora da convivencia familiar e escolar. A iniciativa desenvolverase en colaboración coa comunidade educativa; colexio, ANPA e familias.

A concelleira explicou que nesta reunión púxose o foco sobre “a importancia da educación como ferramenta para erradicar a violencia de xénero das nosas sociedades. Unir as nosas forzas é imprescindible para poder dar unha resposta coordinada, aportar solucións e fomentar a igualdade en todos os eidos”.

Co alumnado ata quinto de primaria realizaranse obradoiros sobre estereotipos de xénero, corresponsabilidade familiar, visualización das mulleres da súa contorna e coeducación emocional. Desde 6º de Primaria e Secundaria levaranse a cabo obradoiros onde se traballará a erradicación dos estereotipos e da violencia de xénero mediante o cine, o teatro, o baile e a radio. Tamén se tratará sobre a resolución pacífica dos conflitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial