Máis discusións por conta dos remanentes en Compostela

0

Compostela, 8 de abril do 2021 – O destino dos remanentes de tesourería de Compostela vese condicionado polas diferencias sobre as cantidades das que se dispón.

O acordo forzado pola oposición sobre os cinco millóns de euros de remanentes pode quedar en nada xa que en realidade Compostela só ten sen asignar dous e medio.

Compostela Aberta e o equipo de goberno de Sánchez Bugallo liáronse onte nun cruce de declaracións sobre as diferencias entre as cantidades prometidas e as existentes. A concelleira María Rozas denunciaba “a falta de seriedade e a improvisación do Goberno de Bugallo, que dúas semanas despois de que a Xunta de Voceiros chegara a un acordo sobre o reparto dos remanentes municipais de 2020 vén de informar de que a cantidade dispoñible será menos da metade da prevista”

Para Rozas, “é inconcibible que o alcalde negocie coa oposición e mesmo lle traslade ás asociacións de comerciantes e hostaleiros a dispoñibilidade duns recursos que finalmente non existen porque Bugallo dedicouse a facer as contas da leiteira”.

Cinco millóns

Pola súa banda o equipo de goberno emitía pola tarde unha nota aclaratoria na que se di que ” Unha vez formulada definitivamente pola Intervención municipal a liquidación das contas, o 31 de marzo, resultan 9.005.000 euros de remanente, dos que, descontadas as cantidades comprometidas, quedarían dispoñibles 2.458.000 euros.”

Esta cifra según a nota foi remitida aos grupos da oposición, sendo convocados a unha xunta de voceiros co fin de axustar o destino de eses cartos dando prioridade as axudas ás asociacións de comerciantes e hostalería.

A nota engade que ” Resulta evidente que é un risco repartir fondos dos que non se dispón, aínda que, como neste caso, exista unha previsión razoable, que, desgraciadamente, non se confirmou. Ninguén o lamenta máis que o propio goberno” e pide a Compostela Aberta ” máis prudencia e humildade nas súas declaracións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial