Máis restricións, máis casos nos colexios, máis Covid (21/10/2020)

0

Bisbarra, 21 de outubro do 2020 – A situación empeora en xeral, Sanidade eleva o nivel restricións e os casos de Covid nos centros educativos da Área Sanitaria crecen en 19 desde o último informe oficial.

O Comité Clínico decidiu que toda Galicia pase a nivel 2 de alerta, máximo de 5 persoas en reunións, e Santiago e Milladoiro ao 3, só conviventes. As restricións chegan a hostalería que ve reducido o aforo ao 50 %. Estas medidas entran en vigor desde a próxima madrugada.

máis casos por Covid

Reunión do Comté Clínico de este martes 20 de outubro

Máis casos nos colexios

A situación nos colexios é preocupante xa que si o pasado xoves falabamos de 75 casos nos centros educativos da Área Sanitaria, os datos oficiais proporcionados son 94.

A EI A Madalena, en Ames e Manuel Peleteiro e Compañía de María en Santiago teñen 5 positivos. O IES Pontepedriña e o Arcebispo Xelmirez en Santiago, O IES do Milladoiro e o Rodríguez Castelao en Ordes, teñen 4 casos de Covid. La Salle en santiago baixa a 3 positivos e o resto, ata os 94 están en distintos lugares da bisbarra con 2 ou 1 positivos.

Máis amarelos e laranxas

No mapa de cores co que Sanidade informa dos niveis nos concellos tamén hai novidades. Seguen en vermello Santiago, Ames e Ordes pero no nivel laranxa (entre 14 e 21 casos nos últimos 7 días) ademais de Teo e Mesía está A Estrada. No nivel amarelo (entre 7 e 14 casos nos últimos 7 días) atopamos a Rois, Muros e Ribeira (baixan a verde Vedra, A Baña e Boiro) e incorpóranse Brión, Noia e Oroso. Quedando o resto de concellos da Área Sanitaria por debaixo de esas cifras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial