Mal ano para os viaxeiros pero bo para as mercancía no Aeroporto

0

Compostela, 17 de novembro do 2020 – Según o portal Aeronoticiario SCQ os últimos meses significaron un aumento do transporte de mercancías no Aeroporto que chegou a superar ao 2019.

Aeronoticiario cualifica este fenómeno como o gran brote verde nun contexto tan malo para o aeroporto Lavacolla Rosalía de Castro. As estatísticas caeron en picado durante o confinamento pero desde o mes de maio a terminal de mercancías comezou un ascenso que chegou en xullo a superar os datos do ano anterior.

Crecemento sostido

No mes de xullo o aeroporto crecía no transporte de mercancías un tres con nove por cento con respecto ao 2019. Desde Aeronoticias SCQ explican que ” Podería quedar en algo anecdótico e puntual pero en agosto sorprendía cun importante aumento do 11,6% en comparación co mesmo mes de 2019 e iso se que xa non é anecdótico. Un importante cambio de tendencia que se pode denominar como o brote verde en tempos do Coronavirus”.

Pese a un pequeno retroceso do 0,8% en setembro, o pasado mes de outubro a subida foi incluso maior e chegou ao 22,4%o que colocaba a terminal de carga do aeroporto nunca posición que non se daba desde o 2003 “un ano no que operaban na cidade grandes reactores para o transporte de carga área para inditex”.

As causas do brote

Aeronoticiario SCQ achaca o crecemento a necesidade de enviar materias primas a lugares afastados, algo que só se pode facer por avión ” A necesidade de distribución rápida dun produto nun lugar afastado á súa orixe fan do avión un medio necesario para a súa distribución. Así ocorreu con materias primas, alimentos, flores, material sanitario, etc. que viron do transporte de mercadorías por aire un aliado para nutrir a demanda mundial nestes tempos de pandemia”.

As compañías

DHL é a única empresa dedicada ao transporte de mercadorías que opera a diario. Un  Boeing 737 voa ao  hub de distribución en Vitoria, desde onde a compañía reparte ao resto do mundo.

Non é a única xa que algunhas compañías operan en Lavacolla tamén transportan carga nas súas adegas, véxase o caso de  Lufthansa,  Swiss ou  Air Europa. Ademais, outras aeronaves de empresas de carga operan puntualmente para traslados de mercadorías específicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial