Manifestación en contra dos parques eólicos

0

A Baña, 26 de abril do 2021 – O concello de A Baña acolleu este domingo unha manifestación en contra da instalación de parques eólicos.

A protesta foi convocada pola Rede Galega por un rural vivo a través da plataforma veciñal Quijote de Outes. O acto tivo lugar na carballeira de Seilán e contou coa presenza de numerosos veciños afectados polos proxectos previstos para esta zona.

A poboación de A Baña, Outes, Negreira e Santa Comba leva presentadas máis de 2.000 alegacións. Segundo explica Roberto Vilela, representante da plataforma veciñal Quijote, “nesta área xeográfica do sur da provincia da Coruña contamos coa ADE de Outes e entre os parques eólicos instalados e os que se están proxectando na ADE e na súa contorna, contaremos cunha potencia eólica de mais de 500Mw nunha extensión de pouco mais de 60 Km2”.

Vilela sinala tamén que tendo en conta que o Principado de Asturias, cunha extensión de 10.604 Km2 (177 veces maior), contaba en 2019 cunha potencia similar, “isto é un auténtico disparate”.

Vilela advirte ademais de que “os proxectos eólicos carecen de estudios hidrolóxicos e hidroxeolóxicos que garantan a conservación das Augas veciñais e de hábitats prioritarios cómo brañas e turbeiras”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial