Manuel MIrás deixará a alcaldía de Oroso no mes de maio

0

Oroso, 20 de abril do 2021 – O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, anunciou hoxe a súa decisión de deixar a alcaldía do municipio no próximo mes de maio, aínda que continuará en política.

Manuel MIrás Franqueira non deixa a política xa que ocupará cargo de senador en sustitución de Antonio Vázquez Lorenzo. Para o cargo de alcalde barállanse os nomes de Antonio Leira e Luís Rey.

“Despois de 38 anos de traxectoria na política local e no Concello de Oroso, creo que chegou o momento de deixar a alcaldía, pero continuarei traballando polo ben do meu concello e de Galicia desde outras responsabilidades”, explica Mirás Franqueira.

“Foi un orgullo ser alcalde de Oroso, durante todos estes anos transformamos o concello grazas á colaboración de todos os veciños e veciñas e doutras forzas políticas, especialmente o BNG; Oroso é hoxe un concello con todos os servizos e ben comunicado, un bo lugar para vivir ou criar un fillo, pero todo ten o seu final o despois de pensalo moito creo que é o momento de dar un paso ao lado e dar paso a xente nova”, sostén.

O nome da persoa que será candidata para substituír a Manuel Mirás decidirase na asemblea local socialista nas próximas datas. “Sempre fixemos así as cousas, serán os militantes os que decidan”, afirma o alcalde.

Aqui podes escoitar a última entrevista de Lindeiros a Manuel Mirás no pasado mes de xullo

Manuel Mirás Franqueira (1956) encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Oroso en 1983. Ademais de concelleiro, foi alcalde durante máis de 20 anos.

Foi tamén vicepresidente executivo da Fegamp e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Na actualidade, é secretario de Politica Municipal Provincial e membro da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE; presidente do Consello Provincial de Alcaldes e Alcaldesas do PSOE, e presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

A nivel orgánico, tivo diferentes responsabilidades na executiva galega do PSdeG, no Comité Provincial, a Executiva Provincial e a Xestora do PSdeG-PSOE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial