Manuel Mirás despediuse da alcalde de Oroso

0

Oroso, 11 de maio do 2021 – Manuel Mirás renunciou de forma oficial, na mañá de este luns, á alcaldía de Oroso durante un pleno extraordinario celebrado no concello.

Mirás entrou por primeira vez como concelleiro de Oroso hai 38 anos e no pleno de agradeceu “a colaboración veciñal” e o “traballo dos funcionarios, o persoal do Concello e das empresas que realizan servizos municipais”.

“Quero ter por suposto unha lembranza especial a todos os concelleiros e concelleiras que pasaron por aquí nestes anos, sobre todo a aqueles que xa non están entre nós”, apuntou.

“Foi un orgullo ser alcalde de Oroso e conseguir todo o que conseguimos para este Concello coa axuda de todos, deséxolle moita sorte ao novo alcalde e ao resto da corporación municipal”, engadiu Mirás.

O pleno de investidura do novo alcalde celebrarase nun prazo aproximado de 15 días. Ata entón, asume de forma provisional as funcións de alcaldesa a tenente de alcalde Vanesa Boo.

Despois do pleno, Mirás quixo tamén despedirse dos traballadores e traballadoras do concello, nun acto celebrado na casa da cultura no que destacou “todo o que conseguimos co voso apoio e o voso traballo, superando os malos momentos sen deixar de avanzar para conseguir un Concello que é unha referencia en moitas cousas; grazas a todos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial