María José Plata expón as súas ilustracións na biblioteca de Arzúa

0

Arzúa, 16 de abril do 2021 –  O Departamento de Cultura de Arzúa organiza unha exposición de ilustracións da artista local María José Platas.

A exposición forma parte da programación de primavera do concello. Trátase dunha mostra de dezasete ilustracións para público infantil nas que se amosan traballos persoais que aínda non saíron á luz, proxectos para revistas e outras publicacións de María José Platas.

Entre outros traballos, forman parte desta colección unha lámina do conto ilustrado O soño da ra e outra titulada Xogando coa neve que foi publicada na revista especializada en ilustración Brightness.

A artista afincada en Arzúa iniciouse na ilustración no ano 2014 de forma autodidacta pero ampliando desde entón a súa formación en cursos presenciais e online. A técnica que emprega nos seus traballos é acuarela mesturada con técnica dixital.

A exposición pode visitarse desde hoxe ata o 30 de abril na Biblioteca Pública Rosalía de Castro, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00h.

A Concelleira de Cultura, Aurora Varela, anima “a toda a veciñanza a achegarse á biblioteca a desfrutar desta mostra que amosa un traballo exquisito, moitas veces descoñecido, por parte dunha veciña” e aproveitou a ocasión para “agradecerlle unha vez máis a súa colaboración neste tipo de actos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial