займ срочно

Mazarelos acollerá múltiples actividades por  San Xoán

0

Compostela, 19 de xuño do 2017 – A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a segunda edición do programa festivo de Turismo de Santiago para potenciar o atractivo turístico da noite de San Xoán na cidade.

O obxectivo deste programa é aproveitar a gran tradición que teñen as festas de San Xoán na cidade, con multitude de cacharelas por todo o termo municipal e unha implicación veciñal moi importante, e así potenciar o seu atractivo turístico, tanto para o mercado doméstico coma internacional.

O evento arrancará a tarde do xoves 22, completando a programación que artellarán para o Día de San Xoán os distintos colectivos, barrios e asociacións da cidade, enriquecéndoa con accións que se prolongarán ata o sábado 24 para festexar a chegada dos días máis longos do ano.

A praza de Mazarelos será o punto central do evento. Na praza instalarase un mercado tradicional, unha área gastronómica para gozar dos produtos típicos desta arraigada festa, concertos e clases de baile tradicional, un espazo palleiro para os máis cativos e actividades e obradoiros interxeracionais para a posta en valor dos ritos e tradicións de San Xoán.

Na tarde e na noite do 23, o tren turístico circulará de balde para fomentar a mobilidade, tanto da veciñanza de Santiago como de turistas e visitantes, que así poderán transitar a diferentes cacharelas da cidade. O tren turístico sairá ás horas en punto dende o CGAC con paradas na avenida de Castelao, Burgo das Nacións, Carballeira de San Lourenzo e avenida de Xoán Carlos I.

Este ano farase tamén un acto, en colaboración do Concello de Boqueixón e a Asociación do “Castro da Fervenza de Callobre”, do Concello de A Estrada, para recuperar o sentido da celebración pagá do solsticio de verán coa obtención do lume por medios naturais no Pico Sacro. O facho co lume sagrado do Pico Sacro ficará dende o xoves 22 en Mazarelos a disposición daqueles que queiran prender con el as súas fogueiras de San Xoán.

O evento rematará na noite do sábado 24 cun obradoiro de elaboración de queimada, un concerto de música tradicional e, finalmente, un conxuro con degustación de Queimada. O programa completo pode consultarse na páxina web de Turismo de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies