Medio millón de euros para a rehabilitación da Ponte Nafonso en Noia

0

Noia, 8 de xuño de 2021 – A Xunta de Galicia ven de adxudicar a rehabilitación da Ponte Nafonso, no concello de Noia, cun investimento previsto de 574.000 euros.

A Ponte Nafonso forma parte da estrada AC-196. O proxecto ten un prazo de execución de seis meses e comezaran a principios de xullo. O obxectivo prioritario do proxecto é mellorar a seguridade e garantir a súa conservación.

Os traballos consistirán na substitución do pavimento e da varanda existente, que se atopa deteriorada. Tamén se levara a cabo a limpeza dos paramentos exteriores da ponte coa fin de mellorar o seu aspecto estético, eliminando os elementos danados da fachada da fábrica de pedra para mantela en bo estado de conservación.

O proxecto en Ponte Nafonso tamén prevé dúas actuacións concretas para iluminar a calzada e para a iluminación monumental da propia ponte, o que permitirá a súa posta en valor e unha notable mellora na seguridade viaria para vehículos e peóns. Ademais colocaranse paneis informativos e carteis de localización.

Esta intervención enmárcase no programa pioneiro de control das pontes e obras de paso que está a desenvolver a Xunta, para preservar a seguridade e alongar a vida útil destas infraestruturas, con actuacións de conservación preventiva.

A Xunta continúa traballando no mantemento das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial