Melide acomete reformas nos parques infantís

0

Melide, 10 de novembro do 2020 –  O Concello de Melide acometerá diferentes actuacións en catro parques infantís da vila.

Melide adaptará os parques infantís situados na urbanización Taboada Roca, o da urbanización As Granxas, o Parque Rosalía de Castro,  e o instalado no interior do Pazo de Congresos e Exposicións. Estes elementos precisan de renovación en diferentes elementos debido ao seu deterioro polo paso do tempo. As melloras garanten a seguridade aos máis pequenos e ás súas familias.

As deficiencias existentes foron detectadas grazas á realización por parte do Concello de Melide de diferentes controis periódicos a través de inspeccións rutinarias para comprobar o estado dos diferentes elementos dos parques. Desde a administración local destinaranse un total de 15.838€ para acometer estas actuacións de mellora que redundarán no benestar da veciñanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial