Melide acumula 25 reparos de fiscalización na Conta Xeral do 2020

0

Melide, 6 de agosto do 2021 – O Partido Popular de Melide desvela que a Conta Xeral do 2020, levada hai uns días a pleno, recolle ata 25 reparos relativos á fiscalización de facturas.

Os Populares lamentan nun comunicado que a sesión plenaria non fora retransmitida por streaming como sucedeu en outras ocasións. Engaden que a Conta Xeral “reflicte importantes anomalías en materia de ingresos e de gastos”

A voceira, Dalia Garcia, explica que  “Lemos reiteradamente nos Informes de fiscalización o seguinte deben de erradicarse os fraccionamentos indebidos dos contratos administrativos aos que tantas veces se fai referencia nos numerosos informes de fiscalización de facturas emitidos pola Intervención Municipal  ou Contratación encuberta de persoal ou cesión ilegal de traballadores dado que o artigo 308 da LCSP impide usar o contrato de servizos para contratación de persoal para funcións propias e específicas dos empregados públicos reparos que non quixeron recoñecer cando o PP deixou recoñecidas nas contas as facturas correspondentes ao seu mandato e que prexudicaron sobre maneira aos provedores deste Concello, simplemente para desgastar a imaxe do PP”.

Os Populares sinalan que a baixada de 4,5 euros no remanente a 4,2 débese ao proxecto de canalización das augas do parque empresarial da Madanela á EDAR municipal, proxecto do que existe un acordo plenario por unanimidade e do que os populares aínda non teñen constancia que se inicie a licitación.

Ademais os populares melidenses recrimínanlle a AM-PSOE “un nivel de execución dun 31% no Capítulo VI de Investimentos Reais nun ano no que se reduciu drasticamente a atención ao público, no que se conxelou a xestión diaria no Concello, no que a Deputación aprobou uns pregos de licitación máis versátiles á hora de contratar, tempo que deberían ter aproveitado para avanzar en temas de calado municipal que non foi aproveitado”.

Por outra banda a Intervención Municipal recolle a necesidade de executar un II Plan de Acción en materia económica, plan implementado tamén durante o ano 2020 que de 15 obxectivos de contratación se cumpriron so 2.

A xuízo dos populares o goberno bipartito presidido por Pérez adoece dunha “fatiga crónica á hora de xestionar o municipio. A escusa recorrente é a pandemia ademais doutros expedientes ata o punto de que o alcalde manifestou onte no pleno que está a realizar unha comparativa para coñecer cal é o volume de traballo que se levou a cabo nas lexislaturas populares e o que teñen agora eles”. García considera inaudito que se gaste tempo e recursos materiais públicos en analizar o traballo de anteriores lexislaturas cando o bipartito foi incapaz de xestionar en dous anos nin un so convenio que implicase unha infraestrutura potente para Melide, sobran as palabras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial