Melide adhírese ao Programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia” da USC

0

Melide, 22 de marzo do 2021 – O concello de Melide ven de adherirse ao programa de formación “Camiños de Coñecemento e Experiencia” impulsado desde a Universidade de Santiago.

O programa que se seguirá en Melide está dirixido a persoas maiores de 50 anos. Trátase dun espazo de encontro e formación entre a USC e o concello, a través do cal os participantes desfrutarán da aprendizaxe en distintas área de coñecemento, como son o ámbito da historia, a música e o medio ambiente.

A formación desenvolverase en sesións de noventa minutos no Edificio Multiusos de Melide, en horario de tarde de 16:30 a 18:00h, impartíndose sesión expositivas, interactivas así como sesión prácticas que se concretan en visitas e concertos.

O proxecto celebrarase en Melide os días 7,9, 12,13,14 e 15 do próximo  mes de abril.

Achegar ao alumnado ás fontes fundamentais que o historiador emprega á hora de investigar e “construir” a Historia, a importancia do mundo artístico musical e identificar as repercusións do cambio climático son algunhas das temáticas a tratar.

As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Melide, en horario de 09:00h a 14:00h  ata o vindeiro 31 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial