Melide aproba hoxe un Orzamento de sete millóns de euros para o 2021

0

Melide, 27 de novembro do 2020 – Mentres algúns concellos aprobaron hai pouco os orzamentos do ano en curso, Melide leva a pleno este venres a previsión de contas para o 2021.

Melide traballará o vindeiro ano  cun orzamento de 7 millóns de euros. Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica, di que o obxectivo da proposta económica é “a modernización administrativa do concello e seguir co proxecto de futuro para Melide”.

Máis persoal

No capitulo 1, gastos de persoal, Iglesias apuntou que “prevese que experimenten un aumento do 17,07% co obxectivo de fortalecer con persoal aos distintos departamentos municipais, e así poder modernizar a administración local e axilizar os procedementos administrativos. Ademais na mesa de negociación cos sindicatos aprobouse por unanimidade o cadro de persoal”.

O concelleiro fixo especial fincapé na necesidade que teñen moitos departamentos de Melide de “incrementar os seus medios persoais para facer fronte coa dilixencia debida á tramitación de todos os expedientes administrativos existentes na actualidade”. As áreas que se verán reforzadas serán a de Urbanismo, Secretaría e Intervención, Policía Local e crearase o posto de técnico de Medio Ambiente.

Engadiu que o goberno local ten en previsión a negociación da nova Relación de Postos de Traballo ao longo do vindeiro ano, para o que se destina unha consignación inicial de 50.000 euros “cantidade que, poderá ser incrementada en 30.000 euros, vía modificación orzamentaria, transferencia de crédito, sempre e cando as condicións de carácter económico-orzamentario así o permitan de conformidade coa normativa vixente en materia de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, como consecuencia das prazas vacantes que non se cubran ao longo do dito exercicio, de tal xeito que a cantidade final consignada para facer fronte aos devanditos gastos podería alcanzar, no seu caso, a contía de 80.000 euros”.

Investimentos

No capítulo de investimentos, o concelleiro de promoción económica, destacou que “para o 2021 está orzamentado un 50 % mais que no 2020 con fondos propios”.

Melide prestará especial atención aos servizos sociais, debilitados pola pandemia sanitaria, aos que se destinan 1.225.500 euros e á promoción económica con 153.000 euros, para paliar os danos no comercio e hostalería local causados pola Covid-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial