Melide, 16 de abril do 2019 – A última Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou a realización de melloras en pistas e camiños de seis parroquias do municipio.
Os arranxos en pistas aprobados comezan no acceso á Escola de Balta, e seguen pola pista de Baltar á Uceira en Golán, a pista de Castiñeiroa cara Casas Novas, o acceso a Xubial dende a AC-840, o acceso ao Pazo de Tarrío, o acceso ao Alto, unha pista en Maceda e o acceso a Santalla de Agrón.
Son un total de oito actuacións que comprenden non só a mellora do firme nas pistas senon tamén a limpeza de cunetas. Sendo beneficiarias as parroquias de Baltar, Golán, Castiñeiroa, Xubial, Maceda e Santalla de Agrón.
Rúa Mateo Segade Bugueiro
Así mesmo, na última XGL melidense, tamén se solicitou a documentación para seguir co proceso de contratación para a reforma e posta en valor da rúa Mateo Segade Bugueiro de Melide.