Melide automatiza a xestión das pistas de pádel

0

Melide, 7 de xaneiro do 2021 – O concello de Melide ven de automatizar o uso das pistas de pádel  situadas no pazo de congresos e exposicións.

As pistas de pádel de Melide contará cun sistema automatizado de xestión e reserva que vai permitir á veciñanza poder utilizalas durante máis tempo e de maneira máis cómoda.

Tal e como explican dende a Concellaría de Deportes, dirixida por José A. Prado, “o que fixemos é ampliar en altura e en superficie o peche destas pistas para ter un acceso independente ao propio Pazo de Congresos o que vai a facilitar e modernizar a práctica deportiva na instalación”.

As persoas usuarias destas instalación poderán realizar as súas reservas e o pago mediante unha plataforma on line, a través da cal se lle dará acceso ás pistas mediante un código para abrir as portas, mentras que o sistema de iluminación tamén funcionara de forma automatizada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial