Melide destina 15.000€ a axudas a prol da natalidade

0

Melide, 23 de agosto do 2021 –  O Concello de Melide outorgará axudas a prol da natalidade co obxectivo de favorecer o asentamento da poboación.

O importe total de axudas a natalidade será de 15.000€, dos que poderán beneficiarse os pais e nais que estean empadroados en Melide e que teñan ou adopten un fillo no período comprendido entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro do 2021.

Entre outros requisitos, un dos pais ten que estar empadroado, polo menos, 6 meses antes do nacemento ou adopción e tanto o solicitante da axuda como o fillo ou filla deberá comprometerse a seguir empadroado no Concello por un período de catro anos.

A concelleira de Política Social, Carmen Liñeira explica que “as axudas  a natalidade son unha medida máis para evitar o despoboamento, ademais de constituír unha axuda de 300€ para cada neno ou nena melidense que cumpra todos os requisitos recollidos nas bases”. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial