Melide e Toques acordan un marco de colaboración

0

Bisbarra, 14 de abril do 2021 – Melide e Toques veñen de acordar un marco de colaboración nunha reunión coa presenza de alcaldes e tenentes de alcalde de ambos os dous concellos.

Un dos primeiros resultados de estes acordos serán dúas sendas homologadas que unirán os municipios. A proposta parte do concello de Melide e permitirá contar, xunto coas xa existentes en Toques, cunha rede de 4 rutas homologadas e interconectadas entre si o que permitirá desfrutar do entorno natural de estes concellos.

A primeira ruta, unirá os dous núcleos municipais e poñerá en valor o percorrido que transcorre polo punto máis alto da provincia da Coruña, O Coto do Pilar, accedendo a él a través dos Montes do Bocelo.

O segundo roteiro, discorrerá ao longo do rio Furelos, desde a Ponte Medieval de Furelos finalizando nas Fervenzas do Concello de Toques.

A creación das sendas aportarán claros beneficios en tres liñas:  incremento da práctica deportiva e hábitos saudables, a posta en valor do patrimonio cultural e medio ambiental de ambos concellos, así como un impacto económico a través do turismo

Durante o encontro celebrado entre os equipos de goberno de ambos concellos traballouse sobre outros temas de colaboración dos que se irá informando a medida que se vaian concretando.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial