Melide, 21 de outubro do 2017 – O Concello de Melide vén de incorporar tres linguas ás súas guías informativas debido ao alto incremento das nacionalidades coreana, xaponesa e chinesa.
As guías informativas que conteñen información sobre o patrimonio cultural e arquitectónico de Melide ofreceranse neses tres idiomas, tendo como obxetivo mellorar a comunicación cos peregrinos e visitantes que chegan ao concello.
A alcaldesa Dalia García presentou a nova guía informativa que une nun mesmo documento as explicacións do municipio melidense nos tres idiomas. A guía ofrece unha pequena explicación sobre a historia de Melide, analiza o Camiño Francés e Primitivo e os monumentos máis importantes ao seu paso pola vila e polo concellos limítrofes. A guía ten tamén un pequeno apartado dedicado ás festas, á gastronomía, ao lecer e o tempo libre e fai referencia aos comercios e mercados. Incorpora un plano onde a ademais están recollidos os teléfonos de interese como pode ser a Garda Civil, Protección Civil, Policía Local ou o Centro de Saúde, entre outros.
Actualmente a guía informativa estaba en activo en galego, castelán, inglés, italiano, alemán e francés. Coa suma dos idiomas xaponés, coreano e chinés, ofrécese información a peregrinos e visitantes a Melide nun total de 9 linguas.
Máis de 500 persoas á semana
As técnicas de Turismo do Concello de Melide explicaban que na última semana achegáronse máis de 500 persoas á Casa Museo de Furelos, lugar dende onde realizan o seu labor de información. Aínda que as nacionalidades mudaron con respeto ao verán, xa que os españois e italianos descenderon e agora os visitantes son latinoamericanos, europeos e coreanos, o volume de persoas que visitan Melide “descendeu pouco en relación as cifras do verán”, explicaba unha técnica de Turismo na mañá de hoxe.