Melide incorpórase ao Sistema Vioxén de protección á vítimas de violencia machista

0

Melide, 20 de maio do 2021 – A Policía Local de Melide sumouse ao Sistema Vioxén de protección á vítimas de violencia machista.

A Policía Local traballará en consonancia coa Garda Civil para realizar un seguimento máis efectivo e adaptado de todas as vítimas de violencia de xénero.

Melide acolleu a celebración dunha Xunta de Seguridade Local na que se formalizou a incorporación a este sistema do Ministerio do Interior. O protocolo foi asinado polo alcalde, José Manuel Pérez Penas e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

No acto, celebrado na casa consistorial, tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López- Rioboo, o xefe en funcións da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira, o tenente de alcalde de Melide, José Antonio Prado e a concelleira de Servizos Sociais e Saúde, Carmen Liñeira.

O equipo de goberno do Concello de Melide enmarca esta medida no traballo que realiza para acadar unha igualdade real e efectiva da muller ademais de avanzar na protección das vítimas de violencia de xénero.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial