Melide comeza a semana do Melindre inaugurando a exposición “30 anos de doces”

0

Melide, 2 de maio do 2022 – Jose Manuel Pérez, alcalde de Melide e Xosé Igrexas, concelleiro de promoción económica, inauguraron a exposición “30 anos de doces”.

 “30 anos de doces” está situada no cantón de San Roque e forma parte do programa do 30.º aniversario da Festa do Melindre e a repostaría tradicional.

Esta exposición é unha mostra composta por vinte paneis realizados especialmente para o XXX aniversario. Falan da  repostaría tradicional de Melide e a historia da Festa do Melindre, con imaxes dos últimos trinta anos da feira (venda, parte comercial, stands), a festa (lecer), os produtos (os tradicionais melindres, ricos e amendoados), os embaixadores/as, etc.

Os paneis están situados en cinco cubos. O primeiro deles está dedicado ás orixes; o segundo leva por título os doces e os oficios; o cubo tres lembra aos embaixadores e aos pregoeiros do Melindre; o cubo catro dedícase á feira asociada a Festa do Melindre e finalmente o quinto cubo  dedícase á festa propiamente dita.

A XXX edición da Festa do Melindre celébrase o vindeiro fin de semana, 7 e 8 de maio, polo que será un bo momento para disfrutar dos doces, das actividades e da música ademais de ver a exposición mencionada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies