Melide pagará máis de 600.00 euros en facturas sen contrato

0

Melide, 26 de novembro do 2020 – Unha sentencia xudicial ven de condenar ao concello de Melide ao pago de máis de 600.00 euros de facturas pendentes da anterior lexislatura.

O pago realizarase con cargo ao remanente de tesourería e antes de que finalice o ano. O pago de estas facturas era unha demanda da oposición do Partido Popular que deixaron as facturas conformadas o 14 de xuño, tras perder as eleccións do 26 de maio.

imaxe do edificio do concello de MelideA postura do goberno municipal era contraria ao pago de estas facturas xa que se trata de obras non consignadas a ningunha partida orzamentaria e sen contrato. Para o actual goberno esta sentenza ampara unha ilegalidade. Desde a asesoría xurídica do concello xa informaran no seu día que, estando conformadas e demostrada a prestación do servizo, a xurisprudencia era favorable na maioría dos casos ao pago do traballo.

Desde o Partido Popular acusaron ao bipartito, Adiante Melide e Psoe, de urdir unha “vinganza política” que sufriron os provedores. A portavoz, e ex alcaldesa, Dalia Garcia, dicía nunha rolda de prensa que quedou demostrada a intención do actual goberno “utilizar aos provedores como arma política para manchar a imaxe deste partido, do meu equipo de goberno e tamén da miña propia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial