Melide, 26 de xuño do 2020 – O Pleno do Concello de Melide celebrado onte aprobou por unanimidade o acordo do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+2020.
Melide acometerá 14 actuacións nas que tanto o rural como a zona urbana serán obxeto de melloras na pavimentación e na limpeza de pistas e viarios co que se incrementará a seguridade tanto da veciñanza como dos condutores.
Entre as accións que se van levar a cabo atópase a limpeza de cunetas, a regularización e pavimentación mediante aglomerado asfáltico ou o reforzo da sinalización viaria nos lugares de Baltar, Grobas, Alvite, San Cosme, San Cibrao, Zaramilou Maceda o una rúa Furelos, xa en pleno casco urbano.
Outras actuacións aprobadas no pleno
A maiores das actuacións de adecentamento de pistas tamén se aprobou a reparación do colector de pluviais e a súa conexión coa rede de saneamento municipal coa renovación do pavimento da beirarrúa na Ronda de Pontevedra e no CEIP Nº2 de Melide situado na Martagona. A estes traballos súmase a realización de dous pasos elevados nas proximidades do CEIP nº1 que reforzarán a seguridade dos cativos e das súas familias durante a tempada escolar.