Melide presenta a programación do Día do Libro.

0

Melide, 21 de abril do 2021 – O Concello de Melide pon en marcha un programa de actividades para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro.

Os alumnos de Melide dos cursos de 3º e 4º dos colexios públicos da Martagona, Mestre Pastor Barral e Nº1, contarán con varias actividades de contacontos para destacar á importancia que ten a lectura nas nosas vidas.

Dentro das actividades programadas tamén se realizará un innovador xogo, baixo o lema “Un viaxe pola Historia”, no que o alumnado participará nun xogo de Escape Room no que indagarán sobre a natureza, a historia e a cultura da nosa contorna. 

O Día Internacional del Libro é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Desde 1988, é unha celebración internacional promovida pola UNESCO.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial