Melide punto de encontro para “moteiros”

0

Melide, 28 de maio do 2021 – O concello de Melide quere converter a vila nun punto de encontro para os motoristas durante as fins de semana.

O concello ven de poñer en marcha unha campaña que leva precisamente o nome de “Melide Punto de Encontro”. Un aparcadoiro exclusivo para motos no centro do casco urbano será un dos principais reclamos.

Desde o equipo de goberno explican que “a situación xeográfica estratéxica de Melide no centro de Galicia, a variada oferta de hostalería, comercio e lecer, fai que Melide se converta en lugar de parada e destino de moitos motoristas que se desprazan a nosa vila desde distintos puntos de Galicia”.

Para potenciar esta dinámica o Concello de Melide habilitará as fin de semana, sábados e domingos, en horario de 12:00 a 21:00h, a marxe dereita (dirección Santiago) do Cantón de San Roque para o estacionamento de motocicletas permitindo así unha maior organización e seguridade.

Con esta medida, o goberno local aposta por converter Melide nun lugar de referencia para  os motoristas de toda a comunidade o que se traduce nun incremento do valor engadido do turismo do noso concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial