Melide reabre o Centro Social

0

Melide, 19 de outubro do 2021 – O concello de Melide abriu este luns o seu Centro Social despois de 18 meses pechado pola pandemia de Coronavirus.

O Centro Social abrirá as súas portas no seu horario habitual, de 15:00 a 21:00h de luns a domingo. O local cumplirá estrito as normas sanitarias vixentes na actualidade que condicionan, por exemplo,o aforo máximo que non poderá superar en ningún caso o 70% da capacidade total do centro.

A apertura do centro supón a recuperación de varias dos servizos, entre eles o de dinamización que se leva a cabo as fin de semana e que foi iniciado en outubro do 2019.

Nesta mesma liña, nas próximas semanas reanudarase o ciclo de charlas e as excursións que se viñan levando a cabo. O baile que se celebraba os domingos continuará sen realizarse.

A Concelleira de Política Social, Carmen Liñeira, valorou moi positivamente a apertura do centro “ despois dun longo período motivado pola Covid-19, estamos moi contentos de poder reiniciar a actividade nesta nova normalidade. “ Sen dúbida os nosos maiores foron un dos grandes prexudicados nesta pandemia, que poidan reiniciar a súa actividade supón un avance importante para eles cara a nova normalidade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial