Melloran a protección do viaduto do Ulla para evitar os accesos non autorizados

0

Bisbarra, 8 de outubro do 2021 – O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, Adif,  iniciou a execución das medidas deseñadas para mellorar a protección do viaduto do Ulla co fin de evitar os accesos non autorizados.

As medidas previstas no viaduto do Ulla son a instalación de cámaras con sistemas de detección de movemento, o aumento da vixilancia na zona e substitución do valado actual por un cerramento urbano mixto.

O obxectivo destas actuacións, cun prazo de execución dun mes, é evitar o acceso de persoas non autorizadas á superestrutura e taboleiro do viaduto, co consecuente risco para a seguridade das persoas e as circulacións ferroviarias.

Adif intensificará a vixilancia da contorna do viaduto do Ulla, cun aumento das patrullas e roldas de vixilancia por parte do seu servizo de seguridade.

O viaduto sobre o río Ulla, en servizo desde abril de 2015, constitúe a estrutura máis emblemática do Eixo Atlántico. Próximo ao estuario da ría de Arousa, conecta as provincias de Pontevedra e A Coruña, entre os municipios de Catoira e Rianxo, nunha contorna natural de extraordinaria beleza e sometido a especiais condicións ambientais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial